A Asociación Cultural Vagalumes presentou o diario dun fuxido, Manuel Coto Chan

IMG_3946A Asociación Cultural “Vagalumes”, presentou o diario dun fuxido, Manuel Coto Chan, quen acompañou a Carracedo nos seus últimos días e dá conta no seu manuscrito da experiencia da vida no monte durante aqueles anos. Este diario será colocado na web www.tabeirosmontes.com tanto na súa versión transcrita e traducida como no manuscrito orixinal.

No acto estiveron presentes membros da familia de Coto e testemuñas daquela época que evocan a figura de Hixinio Carracedo, Manuel Coto e todos aqueles que naquel momento KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERAenfrontaron a enxurrada totalitaria, sostendo con dignidade exemplar o ideario da liberdade.

O diario de Manuel Coto, titulado polo propio autor “Memorias dun proscrito”, ademais de achegarnos directamente a esta etapa histórica do noso concello, amosanos un texto de grande valor literario que a través da rede faremos accesíbel.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Iria Eiras e Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta