Na tarde do sábado tivo lugar no campo municipal Monte da Vila do Grobe, o comezo da liga feminina de Fútbol Gaélico. As encargadas desta cita histórica serían as locales Mecas Fg e o equipo visitante das Irmandinhas. As estradenses pronto se adiantarían no marcador e faríanse donas do partido, dominando claramente no xogo e posesión do balón, chegando o descanso cunha clara ventaxa de 1,00 (3) – 6,03 (21). Xa no segundo tempo as Mecas intentaron acortar distancias afogando as saidas das irmandinhas no seu campo pero nada puideron facer ante o equipo dirixido por Carlos Torres, chegando o resultado final de 3,04 (13) – 7,06 (27) deste xeito as Irmandinhas A Estrada FG situaríanse no alto da táboa seguidas das Mecas FG e pechando a clasificación as Fillas de Breogán da Coruña que descansarían nesta primeira xornada. Por parde das Irmandinhas xogarían: Mayte, Africa, Alba, Andrea, Nati, Nerea Rey, Nerea Rodríguez, Olalla, Athenia, Paula, Eva e Laura.
A continuación daría comezo a terceira xornada na liga masculina entre os equipos Mecos FG e Irmandinhos A Estrada FG. O equipo dirixido por Sito Magariños faría un partido moi serio e moi seguro en defensa, sacando o balón xogado e deixando sen espazos nen oportunidades o equipo local que ante o bo xogo dos estradenses só lles quedaba frealos con faltas que “corbatero” se encargaría de ir anotando tanto a tando chegando a súa conta particular de 13 tantos e un gol. Os Irmandinhos chegarían o descanso do partido cunha ventaxa no marcador de 1,00 (3) – 1,09 (12) e no segundo tempo sería outro monologo visitante que grazas a actuación do porteiro local non se vería moito máis abultada chegando o resultado final de Mecos 1,01 (4) – Irmandinhos 3,20 (29). Deste xeito o Irmandinhos colocaríase de líder empatado a puntos co estrela vermelha. Os xogadores deste encontró serían: Lucas, Peter, Chovi, Richi, Kanario, Corba, Panzucho, Juan Porto, Juan Caneda, Neira, Nené, Gonzalo, Alex Coto, Brais, Maki, Grego, Mon e Lupo.
Redacción: Irmandinhos A Estrada
Fotografía: Marga Fraga






































