Ás 20:30 horas comezará a cuarta edición do concerto solidario que organiza o colexio Nosa Señora de Lourdes no seu centro de Matalobos.
O recital de piano no que participa o pianista local Javier Otero Neira, recollerá donativos dos asistentes a favor de cáritas.
José Manuel Vázquez, director de cáritas, espera que se iguale ou se supere a cifra do ano
pasado, 800€, e destacou a gran xenerosidade do pobo estradense nestes tempos de crise.
Juan Constenla agradeceu a Javier o seu compromiso con este concerto ao longo destes anos, así como con calquera actividade desenrolada no concello, e o incalculable traballo realizado por cáritas.
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































