Os mozos e mozas socialistas de A Estrada escolleron na tarde do sábado a Lucía Franco Fernández como Secretaria Xeral da agrupación local

A1Lucía Franco: “Os estradenses precisan unas xuventudes que velen polos intereses dos máis novos”

Da executiva municipal tamén forman parte Noemí Sanmartín como secretaria de organización e Sheila Pintor como encargada da área de formación.

As Xuventudes Socialistas de A Estrada, renovaron hoxe a súa directiva nunha asemblea con ampla participación. A avogada estradense, Lucía Franco, resultou elixida como responsable no ámbito local de esta organización. A nova Secretaria Xeral das xuventudes sustitúe o anterior secretario Esteban Tato, e pasa deste xeito a formar parte como membro nato da executiva municipal liderada por Xosé Antonio Dono.

Franco Fernández, comezou a súa intervención, recalcando a súa intención de “levar a cabo un traballo no que tódolos mozos estradenses participen e se vexan reflexados, escoitando todas as inquedanzas que poidan ter”, tamén presentou a súa vontade de comezar a reunirse con tódolos colectivos xuvenís da vila e rematou destacando “a importancia de contar con unas xuventudes fortes nun concello que está a sufrir o abandono dos responsables municipais”

A2A asemblea foi presidida pola responsable das xuventudes socialistas na provincia de Pontevedra, a estradense, Silvia Neira a cal recoñeceu a labor que están levando a cabo os compañeiros de A Estrada “nun concello no que vemos brutais ataques a todos os estradenses, recortando en servizos públicos e invertendo en cousas non prioritarias para a xente, en época de crise, como é o aumento de 5.000 euros en alumeado de Nadal” a coordinadora provincial tamén destacou que “ o alcalde da estrada Xosé López, e un delegado do señor Feijoo e Rajoy, os cales están atacando os mozos e mozas con reformas como a lei do aborto ou a reforma en educación, ós populares a xuventude non lles interesa”

Na asemblea tamén participou a secretaria de organización nacional, Anabel Rey, o concelleiro Xosé Antonio Duro e a responsable de acción electoral do PSOE estradense Lucía Calviño que recordaron con nostalxia a súa etapa nesta organización xuvenil.

Redacción e fotografía: Xuventudes socialistas de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta