Marcha Zombie «Zombie Walk»

Cuando:
11 enero, 2013 a las 7:00 pm – 9:00 pm
2013-01-11T19:00:00+01:00
2013-01-11T21:00:00+01:00

II Marcha zombie polas rúas da vila organizada por Producciones Trípode e na que participarán a Escola de Baile Sondo Dance e o ximnasio Absolute, con sendas coreografías de baile guiadas. Haberá premio a mellor caracterización Zombie e chocolatada.

O programa é o seguinte:

16:30 : Maquillaxe das agrupacións de baile que interveñen no desfile.

18:00 : Convocatoria de todos os zombies na Praza da Feira e retoques de maquillaxe de última hora.

18:30 : Comezo «Zombie walk». Saída da Praza da Feira, Calvo Sotelo, Praza de Galicia, Serafín Pazo, Avd. Benito Vigo ata chegar a Praza do Concello.

19:30 : Comezo das «flash mobs», coreografías colectivas que prepararon no ximnasio absolute e na academia de baile Sondo Dance. Esta última ten os pasos nun video do que dispoñedes do link o comezo desta nova, para todos os que o queirades aprender.

20:30 : Coñecerase o gañador a mellor caracterización zombie e rematarase a festa cunha chocolatada para todos os participantes.

¡Esperámosvos!

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta