Máis de 200 corredores participan na San Silvestre estradense

IMG_7754O Fin de Ano deixounos a máis de 200 participantes na carreira popular de San Silvestre. Entre os corredores atopábase unha amplia representación de atletas de Atletismo A Estrada, que participaba na organización, do Club Deportivo San Paio e do equipo dos Irmandinhos entre outros.

Entre os participantes non faltou o bo sentido do humor con vistosos disfraces de pingüíns, galos e os máis osados en bañador, eso sí por encima de outras prendas.

As mascotas tampouco faltaron nesta cita para despedir o ano con esta actividade lúdica e deportiva.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta