Dimite Sindo Villamayor como presidente da ACOE

IMG_3939Este mediodía, Sindo Villamayor, presidente da Asociación de comerciantes de A Estrada (ACOE) dende hai 8 anos e 10 na directiva, comparecia ante os medios de comunicación para presentar públicamente a súa dimisión como presidente da asociación.

Aínda que continuará pertencendo ao colectivo como asociado, cre que un cambio na directiva pode ser beneficioso para a asociación, onde xa non se sinte con forzas para continuar ante a falta de implicación dos asociados e as críticas ao seu traballo.

Ata que se convoque unha nova asemblea para escoller nova directiva presidirá o colectivo a vicepresidenta da asociación Pilar Carrera.

Redacción e fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta