E para empezar a correr "IV Cross Río Liñares"

IV CROSS RIO LIÑARESO Concello da Estrada, organiza o vindeiro sábado día 14 de marzo a partir das 16 horas, o IV Cross Rio Liñares, carreira puntuable para o III Circuito Corre A Estrada Corre.

A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 9.000 metros.

Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos: un de 400 metros (Circuito A) e outro de 3.000 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

CATEGORÍAS:

Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1993, 1994 e 1995.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1992 e 1980.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1979 e 1970.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1969 e anteriores.

HORARIOS E PERCORRIDOS:

O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla, excepto as categorías dende cadete ata veterán que sairán de ditas instalacións.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.

16:00 h PREBENXAMÍN 400 m (1 voltas circuito A)
16.15 h BENXAMÍN 800 m (2 voltas circuito A)
16:30 h ALEVÍN 1.200 m (3 voltas circuito A)
16:50 h INFANTIL 1.600 m (4 voltas circuito A)
17:15 h CADETE 3.000 m (1 volta circuito B)
XUVENIL E JUNIOR 6.000 m (2 voltas circuito B)
PROMESA,SENIOR E VETERÁN 9.000 m (3 voltas circuito B)
18:30 h ENTREGA DE PREMIOS

INSCRICIÓNS:

* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o mércores día 11 de Marzo de 2014 as 24:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da
páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende prebenxamíns a cadetes) Todos os corredores que desexen
participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030
ou nos correos deportes@aestrada.es . A data límite para formalizar a inscrición é o
mércores día 11 de Marzo ás 14 horas. A organización resérvase o dereito de aceptar
inscricións fora de prazo.

Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada.es

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:

Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no
lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 14:30 horas.

* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (17:15 horas) estará controlada a través dun
CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá
colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
(Agás propietarios de chip participantes no III Circuito “Corre A Estrada Corre”).

CLASIFICACIÓNS:

A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina como
feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.

O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descalificado.

* DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as
establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a
criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER
DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da
publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

PREMIOS E TROFEOS:

– Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
– Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:

– Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da
sua proba.
– O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
– Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla e servizo
de duchas no campo Municipal da Baiuca.
– Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
– A organización do IV Cross Rio LIñares non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes
desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
– Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.

Redacción: Concellería de Deportes

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta