Como ben sabedes Tequexetéldere está participando no “60º festival internacionale del Folclore del Madorlo in Fiore”, dentro deste festival este ano celebrase a 5ª edición da Carabana Europea do Folclore, onde tamén estamos participando.
Nestos días estamos con sesións de ensaios onde estamos aprendendo bailes de Grecia, Italia, Holanda, Polónia e Hungría así como tamén estamos ensinando un baile noso. As nosas clases foron hoxe e estamos ensinando unha muñeira recollida no lugar de Coruxedo do Concello de Navia de Suarna.
O espectáculo da Carabana Europea do Folclore terá lugar este venres no Teatro Pirandello e bailaranse bailes de todos os países participantes con bailadores de todas as agrupacións participando nos mesmos.
Na xornada do martes tivo lugar a inauguración do Festival, que estaba prevista que fose no Templo da Concordia coa chamada “Accensione del Tripode”, un acto que consiste no prendido dunha especie de pebetero con velas portadas por unha parella de cada unha das delegacións participantes, vestidas co traxe tradicional, debido ao mal tempo que estos días está facendo na zona, dito acto tivo que ser trasladado ao Teatro Pirandello.
Este xoves tiñan previsto asistir ao Desfile das Antorchas, que consiste nun desfile nocturno con velas dende a cidade de Agrigento ata o Val dos Templos.
O venres pola mañá teremos a recepción oficial no Concello de Agrigento e pola tarde no Teatro Pirandello ás 16 e ás 21 hs o espectáculo de folclore internacional da “European Dance Caraban” (a Carabana do Folclore Europeo).
Xa na xornada do sábado teremos varias actuacións na Piazza Cavour e o domingo teremos un gran desfile de todos os países a actuación no Val dos Templos diante do Templo da Concordia.
E como non vai ser todo traballar, polas noites soense montar festas onde, xa de un modo máis informal e formato «foliada» onde con música en directo dos propios grupos soemos bailar bailes de todos os paises, cousas moi faciliñas e todo o mundo que queira participar poida bailar sen ningún tipo de problema.
Redacción e fotografía: Tequexetéldere
As fotos son de momentos das nosas clases de baile galego e unha foto de grupo no Val dos Templos para coñecelo.






































