Os socialistas denuncian que López Campos non da a cara ante os veciños afectados polo IBI da Cidade do Moble

IMG_4132O Concello nin responde aos veciños por canles oficiais nin pon encima da mesa ningunha solución á situación de lastre económico sobre os afectados 

Uso como arma electoral en 2011 este proxecto sen importarlle os prexuízos ás persoas, e agora ignora o problema 

“Se Valle-Inclán levantase a cabeza voltaría inventar o esperpento para poder recoller a actitude grotesca do alcalde José López con respecto ao IBI do terreos da Cidade do Moble e ao propio proxecto en si”, comentou a socialista Louzao.

Nos últimos días coñecíase a preocupación dos propietarios dos terreos afectados polo proxecto da Cidade do Moble, proxecto paralizado na súa execución dende a Xunta como recoñeceu o anterior Conselleiro de PP Agustín Hernández, ao transcorrer o prazo de 6 meses de paralización no cobro do imposto de contribución de 2014. Os terreos en cuestión están sometidos ao pago do imposto de bens baixo a consideración de solo urbano industrial, a pesar de que non se ten realizado ningunha reparcelación urbana, nin se executou ningunha acción que supuxese a variación de uso rústico das fincas. 

“Logo de pedir o aprazamento dos recibos aprobado por unanimidade no Pleno de xullo de 2014, al alcalde non informou nin contestou os escritos dos veciños. A calada por parte do Concello é a única resposta que obteñen de José López, que parece só fala dos veciños cando o escoitan os medios de comunicación a modo de altofalantes. Urxe que o goberno municipal tome unha decisión ao respecto, posto que a maior parte dos propietarios teñen pendentes de pago importantes cantidades do imposto de 2014 e cada vez falta menos para que teñan que voltar a enfrontarse a o temido recibo da contribución do 2015. López debe decidir se vai seguir ignorando aos veciños ou se como se esperaría dun alcalde dicide dunha vez por todas poñer os instrumentos do concello aos servizo da resolución deste problema”

IMG_3951Para os socialistas, a pesar de que José López Campos tente responsabilizar a outros, el é o responsable directo da inxustiza tributaria que están a padecer os propietarios dos terreos afectados polo proxecto da Cidadedo Moble. Segundo a socialista “esta situación impositiva é consecuencia a utilización política-electoralista que o PP fai deste proxecto. En febreiro de 2011 no mitin electoral de proclamación, para aupar a José López como candidato, Nuñez Feijoo, Hernández e o propio José López anuncian a aprobación polo Consello da Xunta do proxecto sectorial, a pesar de saber que o proxecto resultaba totalmente irrealizable polo seu alto custe. López Campos preferiu buscar o rendemento político electoral que escoitar os informes técnicos que dende o Concello falaban da falta de viabilidade do proxecto. A pesar de saber feacientemente que non se ía executar, José López véndelle aos veciños e aos empresarios o inminente inicio das obras por valor de 25 millóns de euros. É máis, na campaña da autonómicas de 2012 novamente López Campos, xa alcalde, e o entón Conselleiro Agustín Hernández, durante a campaña electoral nunha xuntanza no Concello, (nun acto declarado ilegal) novamente voltan a mentirlle a veciños e empresarios e anuncian a inminente adquisición dos terreos por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de  o que xunto con López no seu mitin de proclamación como candidato. Agora vense as consecuencias da irresponsabilidade de José López Campos: co proxecto paralizado pola propia Xunta do PP os veciños están a padecer consecuencias económicas, e nin tan sequera reciban resposta aos seus escritos por parte do actor principal desta desfeita”.

“Con falsas expectativas de execución alentadas por José López os veciños pagaron o IBI de 2012 e 2013; logo de que López recoñecera a paralización do proxecto a sentenza do Supremo achegoulles unha raio de esperanza de cara a deixar de padecer a inxustiza fiscal que os ten atrapados, pero o limbo do silencio e da falta de información por parte do Alcalde López Campos tenos atrapados sen saber que vai ocorrer”.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada // Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta