Seis comerciantes presentaron ofertas para optar aos postos vacantes no Novo Mercado

Oscar DuranÓscar Durán anuncia unha campaña para promover a ocupación dos postos restantes e augura que «será máis doado cando o edificio comece a coller vida comercial»

O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, informa que un total de seis produtores e comerciantes presentaron en prazo as súas ofertas para optar aos 11 postos comerciais vacantes no Novo Mercado.

En canto ao proceso de adxudicación, o concelleiro anuncia que nos vindeiros días
convocarase unha reunión da mesa de contratación para valorar as propostas recibidas e, no caso de que algún solicitante non aportase toda a documentación, concederlle un prazo
adicional para adxuntala. «Ademais, no caso de que varios solicitantes aspiren a ocupar o
mesmo posto haberá que resolver esta circunstancia», engade.

VISITA A LA PLAZA DE ABASTOS DE A ESTRADAEn todo caso, a vontade do goberno local é inaugurar o inmoble do Novo Mercado na primeira quincena de marzo e, con posterioridade, facilitar que os adxudicatarios dos postos poidan iniciar a súa instalación e comezar a súa actividade comercial.

«Se as seis solicitudes cumpren os requisitos, isto suporía que o Novo Mercado arrancaría có triple de postos que tiña ata o de agora, xa que pasarían de tres a nove», valorou Óscar Durán, antes de anunciar que «o obxectivo é completar a totalidade dos 14 postos dispoñibles e por iso nas vindeiras semanas poremos en marcha unha campaña de difusión para promover a súa ocupación».

Neste senso, indicou que «será máis doado que os produtores e comerciantes se interesen
polos postos cando o Novo Mercado comece a coller vida comercial».

Redacción: Concellería de Promoción Económica

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta