Despois de 3 anos de reformas o Novo Mercado de A Estrada abreu as súas portas o pasado 7 de marzo ante un gran número de veciños.
Os primeiros 500 visitantes recibiron bolsas reutilizables e posteriormente todos puderon debustar productos e bebidas locais de forma gratuita.
A distribución do Novo Mercado que consta de tres plantas repártense da seguinte maneira:
– Planta baixa (1.715 m2): 14 postos de praceiros e cafetería.
– Primeira Pranta: Centro de alzheimer xestionado por Agadea, espazo para viveiro de empresas, centro lúdico para persoas maiores e oficinas da extensión agraria (estas últimas ata agora estaban no centro comarcal de Toedo)
– Segunda Pranta: Espazo lúdico para exposicións e terraza exterior con vistas a vila.
As obras foron subvencionadas polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) con 1.300.000 euros, dos cales case 400.000 foron de aportadas polo concello, a maiores o Concello proporcionou 100.000 euros máis e a Consellería de Industria 500.000 euros.






































