O sábado 28 de febreiro o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde estradense, Xosé López, desprazáronse a parroquia de Berres para realizar a inauguración das obras de mellora da estrada Liñares-Balboa, e anunciar a mellora do segundo tramo desta estrada.
Esta segunda fase terá un custo de 750.000 euros, dos cales 250.000 serán aportados polo concello e os 500.000 restantes pola Deputación de Pontevedra.






































