O Concello da Estrada, convoca o XXVII Premio de Novela Manuel García Barros. A este certame, que concorren todos os anos gran cantidade de textos procedentes de toda Galicia e mesmo de fóra dela.
As bases, poden consultarse na páxina web oficial do premio, www.premiogarciabarros.com ou na páxina web do Concello www.aestrada.gal.
Os orixinais deberanse presentar por sextuplicado exemplar ata o 6 de maio de 2015. A dotación económica do premio é de 9.000 €, e nel colaboran a Secretaría Xeral de
Política Lingüística e a Editorial Galaxia.
Descargar Diptico Premio García Barros.
Este galardón leva 27 anos convocando a escritores/as en galego, e recuperando a vida e obra de Ken Keirades.
O Concello da Estrada a través do PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS”
(KEN KEIRADES) quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas.
Gañadores de edicións anteriores, foron dende “Paisaxe con muller e barco” de Manuel Forcadela, “Magog” de María Gándara, “O espírito de Broustenac” de Álvarez Cáccamo, “Tal vez melancolía” de Xoan Carlos Caneiro, “As rulas de Bakunin” de Riveiro Coello, “Un nicho para Marilyn” de Miguel Anxo Fernández, “A vida que nos mata” de Xavier López López ou “Lois e Helena buscándose nun día de tormenta” de Manuel Veiga, a “Lúa da Colleita” de Anxos Sumai ou “Máscaras rotas para Sebastian Nell” de Alberto Ramos gañador da XXVI edición do 2014.
Deste mesmo xeito tamén presentamos a XIX Edición do Premio de Poesía “Avelina Valladares”, cun premio de 2000 euros e cullas bases poderanse consultar na páxina web do Concello.
Os interesados en participar deberán presentar os orixinais por cuadruplicado antes do día 13 de maio. As obras poderán ser de temática libre contando cun mínimo de 300 versos e un máximo de 800.
Descargar díptico Premio Avelina Valladares.
Como ven sendo habitual estos últimos anos premio será entregado dentro do acto da Festa da Poesía, onde o ano pasado recibiu este galardón o poeta Rafa Lobelle pola obra “Andar ás apóutegas”.
Redacción: Concellería de Cultura






































