A Estrada será sede este sábado do Torneo da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico que se disputa este ano en Galicia.
Este torneo contará coa participación de máis de vinte equipos, masculinos e femininos, que chegarán dende diferentes cidades da peninsula ibérica, desprazando máis de 200 xogadores, ó noso concello.
Dende o Clube Irmandinhos A Estrada solicitaron ser a sede deste torneo da liga liga ibérica cá ilusión de que este torneo sexa escaparate e do agrado de todos os cidadáns do noso Concello e da comarca.
Así no lo presentaron na tarde de onte Andrea Piñeiro e Ramón Codesido, presidentes dos equipos de Irmandinhas e Irmandinhos respectivamente, acompañados do alcalde, Xosé López, e o concelleiro de deportes, Ismael Pena. Ao acto de presentación tamén acudiron representantes da política local entre os que se atopaban Belén Louzao, Xosé Magariños, Xosé Antonio Duro, Orlando Villamayor, Amalia Goldar e Juan Constenla, así como xogadores dos equipos do clube Irmandinhos A Estrada.






































