Móvete presenta unha campaña de recollida de Alimentos frescos en beneficio de Cáritas A Estrada

CARTAZ CARITAS 2 copiaA campaña de “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” que presentamos hoxe, día 27 de marzo de 2015, e que comenzará o próximo luns, día 30 de marzo, conta coa implicación das seguintes froiterias: A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha; Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.

Os obxetivos desta campaña son fomentar a solidariedade dos veciños e veciñas da Estrada en beneficio de outros veciños e veciñas que neste momento están pasando por unha situación económica complicada, xa que todos somos susceptibles de necesitar axuda e todos queremos axudar.

Esta campaña consiste en poñer un Caixón Móvete en cada unha das froiterias colaboradoras e nos cales os clientes poderán deixar parte da súa compra, sen ser necesario unha cantidade mínima. De tal xeito que, cada persoa pode axudar en función das súas posibilidades, porque o importante é crear solidariedade cós demais. Ao final do día membros de Móvete pasarán a recoller por cada unha das froiterías os productos dos caixóns e levarannos a Cáritas, que os repartirán baixo o criterio que ten establecido.

Dende Móvete daremos conta semanalmente das cantidades de froitas e verduras que os veciños da Estrada comparten con outros veciños que neste momento os precisan. Por iso animamos a todos os que poidan a que merquen a prol da Solidaridade Alimentaria entre veciños.

Dende Móvete trataremos de extender esta campaña tamén entre as tendas de alimentación do Rural.

Redacción: Móvete – Movemento veciñal estradense

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta