O pasado domingo 29 de marzo trece membros da peña ciclista Bikestrada parciparon nunha espectacular ruta por estrada, que tivo o seu comezo no concello de Lobios (Ourense), para dende aquí cruzar ata Portugal adentrándose no corazón do parque natural Peneda Gêres.
O percorrido non deixou indiferente a ningún dos participantes, tanto polo beleza das paisaxes que ofrece este parque natural, como pola dureza que entraña enfrontarse as súas montañas. Resultou un duro percorrido de 100 km cun desnivel acumulado duns 3.000 metros, salvando tres portos de montaña.
Dende Lobios a Portela do Home, pasando por diversos pobos dos municipios portugueses de Braga e Viana do Castelo para regresar a Lobios e poder desfrutar dun merecido xantar cun dos pratos típicos da gastronomía desta zona, que non é outro que a carne de Cachena.
A Peña Ciclista ten programada para o 21 de xuño outra ruta por estrada para os seus socios, esta vez pola serra dos Ancares. Os participantes poderán comparar se as montañas dos veciños portugueses son tan duras como as galegas.
Redacción: Peña Ciclista Bikestrada






































