Dende PODEMOS A Estrada sempre priorizamos a loita pola devolución dos dereitos da cidadanía, a igualdade en todas as áreas e a participación da cidadanía na xestión do desenvolvemento municipal.
É por isto que dende fai meses vimos tendo contacto con diferentes forzas políticas para procurar unha confluencia común aos comicios do mes de maio, que reflicta o verdadeiro espíritu que defende o código ético de Podemos.
Para nós era unha prioridade empoderar á cidadanía e facelo dende a honestidade, a confianza e a transparencia, polo que buscamos un acercamento e conxunción con Anova, Esquerda Unida, Equo, CxG e diferentes plataformas e asociacións. En pro dunha concurrencia forte que multiplicase posibilidades, transmitimos a esas formacións os nosos principios de actuación:
1.Primarias abertas á cidadanía para elexir a candidatura coas únicas correccións de xénero e/ou de equilibrio no reparto territorial.
2.Compromiso ético-político para a Revogabilidade dos cargos electos.
3.Limitación de mandatos e de salarios.
4.Transparencia, publicidade e rendición de contas.
5.Elaboración colectiva e aberta do Programa Electoral. Aprobación pola cidadanía.
6.Radicalidade democrática mediante fórmulas de democracia directa.
7.Auditoría da débeda municipal e seguimento dos proxectos INICIADOS.
8.Orzamentos participativos, referendos vinculantes, asembleas deliberativas.
9.Interpelación a outras fórmulas cidadás sobre as opacas Deputacións, procurando fórmulas que as democraticen minimamente e co obxectivo de facilitar a súa supresión.
10.Defensa do ben común, da res pública e rescate das concesións dos servizos públicos ou PROMOCIÓN de fórmulas cooperativas con participación municipal.
11.Sustentabilidade e primacía das solucións ambientais de pequena escala.
12.Igualdade e non discriminación. Cooperación e Solidariedade.
13.Laicidade.
14.Defensa e promoción da lingua e da cultura galegas.
15.Listas limpas e sen imputados.
16.O proceso de empoderamento cidadán non termina na vitoria nunhas eleccións, comeza a súa maioría de idade.
Lamentablemente, non todas as formacións políticas amosaron un verdadeiro interese por alonxarse da política tradicional e viciada, co cal entramos nun enrocamento coa portavocía de Anova, quen non pasaba por un proceso de primarias e esixía capitanear incondicionalmente calquera iniciativa común limitando a participación a aquelas persoas afíns á súa ideoloxía. Chegado este punto, dende Podemos A Estrada decidimos non participar dese xeito de facer as cousas e respetar os tratos aos que esta organización
chegase co resto deforzas, incluídas BNG e PSOE.
Visto o discurrir das cousas, e tras unha profunda análise da situación estradense, consideramos preciso que de verdade exista unha forza común que garanta os intereses da cidadanía e non manipule partidistamente a realidade baixo un claro fraude de etiquetas, xogando coa identidade das persoas, a claridade dos procesos e mudando nomes nun van intento de protagonismo político.
Pensamos que é o momento de abrir un proceso encamiñado á suma de forzas de cara ás
eleccións municipais. Precisamos dun espazo de confluencia no que caibamos tod@s arredor dun desexo común: rematar coas políticas ditadas polas élites e o poder económico e rescatar a democracia e a participación hoxe vixiadas tamén polos partidos que dominan o ámbito municipal.
Por todo isto, PODEMOS amosa o noso apoio á candidatura de A Estrada PODE. Dende a nosa formación, serán varias as persoas que, de xeito independente, presenten a súa candidatura no proceso de eleccións primarias que se está a desenrolar e congratulámonos da presencia deste grupo e do seu nacemento dende a verdadeira tranparencia, honestidade, participación e empoderamento da cidadanía.
Redacción: Podemos de A Estrada






































