O BNG denuncia que o PP é contrario a impulsar a Feira do Móbel da Estrada, así como o propio sector

IMG_6663Ao PP tráelle sen coidado o sector do móbel. Nin máis cartos para a Fundación nin plan específico para impulsar o sector

O deputado do BNG, Daniel Rodas, di que a Feira do Moble é o escaparate do sector da madeira e do moble do concello de A Estrada pero tamén para o conxunto do País.

Unha actividade que dá emprego a 13.000 traballadores, supón o 4% do PIB e que reflicte un modelo económico, que xera valor engadido, paga impostos na Galiza, fixa poboación e comparte obxectivos co contorno en contraposición a outro modelo que facilita a implantación de grandes transnacionais, precariza o emprego e condicionan un modelo forestal e rural baseado na desertización do monocultivo e no abandono.

Nos tempos que corren e coa dureza en que se está a vivir a crise non é de recibo que a Xunta invista *unicamente 45.300 euros* na Feira do Moble que é referencia do sector no noroeste peninsular. Esta falta de compromiso por parte do goberno de Nuñez Feijóo sumase a demanda de máis dunha década que industriais e comerciantes veñen reclamando o desenvolvemento do polígono sectorial da Cidade do Moble para poder darlle resposta as necesidades empresariais da comarca e regularizar as falcatruadas que os gobernos populares teñen consolidade urbanisticamente no concello da Estrada.logobngO BNG denuncia que o apoio que precisa a Estrada non son os compromisos de palabra de Nuñez Feijóo e o alcalde José López en período electoral se non que debe visualizarse con compromisos orzamentarios como o que ven de reclamar o BNG encontrando o rexeitamento como resposta por parte do PP a unha demanda necesaria para afortalar o sector da madeira vital para a Estrada pero tamén para o modelo económico que queremos desenvolver.

A Feira do Moble non pode seguir sendo unha pasarela mediática onde se locen os cargos políticos do PP dende o conselleiro a alcaldes e deputados, se non que debe ser un instrumento que potencie e poña en valor o traballo levado a cabo polos nosos mobleiros, comerciantes e empresarios da madeira.

O PP non escoita a demanda do sector, considera que lle chega con trasladar este compromiso nos períodos electorais, e así non tivo reparo en *votar en contra da proposición non de lei do BNG para transformar as promesas en compromisos reais*, *comprometendo nos orzamentos da Xunta de Galiza a cantidade económica necesaria para poder impulsar a Feira do Moble da Estrada e o sector do móbel*. En resumidas contas, que *ao PP tráelle sen coidado o sector do móbel*.

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta