Balance da primeira semana da Campaña “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” entre veciñxs.

CARTAZ CARITAS 2 copiaO inicio da Campaña, nesta primeira semana de abril, que coincideu coas datas festivas da Semana Santa non foi impedimento para que dende Móvete recolléramos 150kgs entre froitas e verduras. A solidariedade dxs veciñxs da Estrada deixouse ver nestes primeiros días da campaña “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” organizada por Móvete en beneficio da xente que o precisa e coa colaboración de Cáritas e das froiterias estradenses.

Debido ao bo ritmo da mesma inclúense dentro desta iniciativa diversas tendas do rural estradense: Virxinia Couto de Moreira; Supermercado Claudio do Sol; Tenda de Alimentación Regengo de Codeseda; Comercial Otero de Orazo; Super Vea; E Casa Porto de Ouzande. Dende Móvete recordamos a este tipo de establecementos do rural que queiran colaborar nesta Campaña a través do Caixón Móvete que poden contactar con nós a través do correo electrónico movetepolaestrada@gmail.com

Dende Móvete sentímonos moi satisfeitos con esta Campaña, xa que, somos moi conscientes de que no noso Concello hai veciñxs que están pasando por unha situación económica realmente dura e nós –xs veciñxs- non debemos mirar para outro lado, temos que axudar a contribuir a crear unha conciencia solidaria para axudarnos entre nós. Móvete como organización Política con vontade de gobernar na Estrada a partir dos próximos comicios electorais non considera que a caridade sexa a solución aos problemas dxs veciñxs, o que realmente necesita a xente é traballo digno e nese obxetivo traballaremos os vindeiros 4 anos. Pero isto non é incompatible, se non que é complementario ca axuda inmediata a quen está atrevesando por unha situación complicada, por desgraza temos que esperar 11046314_450803468401150_7297928398837813225_nata gañar as eleccións para executar as nosas propostas electorais encamiñadas á creación de emprego digno. Sen embargo, non queremos esperar ata finais de maio para comenzar a traballar pola Estrada e unha maneira de facelo é contribuindo a axudar a quen peor o está pasando.

Dende Móvete puxémonos en contacto tamén coa Cruz Vermella para buscar a maneira de colaborar con esta ONG en beneficio das persoas que eles atenden na Estrada.

Recordamos cales son as froiterias da vila nas que podes facer a túa compra solidaria:

A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha; Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta