Os manifestantes entoaron cánticos en contra desta industria e leron varios textos nos que denunciaban esta práctica prohibida en varios países, motivo polo cal aseguran que veñen estas granxas ao noso país.
Reivindican que os traballos que se van xerar serán mal remunerados e non xustifican as condicións nas que viven e sacrifican estes animais, nin o risco contra o noso ecosistema. Recordan que estes animais son depredadores que eliminan calquera ser vivo có que se atopen atentando contra a fauna existente e incluso os cotos salmoneiros ao adaptarse a calquera medio, e por moitas que sexan as medidas de seguridade sempre hai fugas.
Por todos estes motivos piden ao goberno local que non permita a instalación da granxa no noso concello e ao goberno autonómico que faga esta prohibición extensiva a toda a comunidade.






































