A Estrada PODE, como plataforma política que aglutina a varias asociacións e partidos políticos estradenses coa finalidade de ser alternativa de goberno nas vindeiras eleccións municipais que se van a celebrar o día 24 de maio, atópase inmersa nun protocolo de encontros e reunións cos sectores máis representativos da actividade estradense co fin de incorporar ó seu programa político as propostas arroxadas por os verdadeiros e as verdadeiras entendidos e entendidas na materia.
Por medio da presente, queremos convocar e convidar a todos e todas os asociados e asociadas da Asociación Comarcal de Empresarios, sita na avenida de Santiago nº 11, o día 13 ás 20 horas, á presentación do proxecto A Estrada PODE. Do mesmo xeito, queremos facer extensible esta invitación a todas aquelas persoas pertencentes ó ámbito empresarial e autónomo. Nesta xuntanza explicaremos polo miudo as características que nos diferencian como partido político e nos fan converxer na alternativa de goberno neste ano de cambio.
Estos encontros buscan escoitar todas aquelas propostas e inquietudes que se manifesten na xuntanza para poder facer un estudo pormenorizado das situacións que se plantexen, recollendo suxerencias dos e das concurrentes sobre as verdadeiras necesidades para os autónomos e as autónomas, así como as empresas da vila.
Dende A Estrada PODE queremos agradecer de antemán a atención que nos poida ser dispensada e a asistencia a dita xuntanza.
A Estrada Pode






































