O BNG-Asembleas Abertas aproba a candidatura completa

BNG 2015

É unha candidatura implicada socialmente, que quere que na corporación municipal haxa unha organización claramente galega, asentada no país e sen ataduras a Madrid

O BNG-Asembleas Abertas vén de aprobar a candidatura completa ás eleccións municipais do 24 de maio. A candidatura, que se aprobou por unanimidade na asemblea convocada a pasada semana, tamén foi ratificada o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección da organización nacionalista entre asembleas.

O cabeza de lista, Xosé Magariños destaca “que é unha candidatura con ampla experiencia no traballo social, cultural e no sindicalismo nacionalista no noso concello; en resumo, unha candidatura implicada coa Estrada e co pobo galego ”.

“Responde ao mandato da primeira asemblea aberta celebrada no mes de outubro do ano pasado”, engadiu Magariños, “onde puxemos o énfase en incorporar persoas non militantes do BNG -cousa que sempre fixemos-, pero con persoas cun perfil nacionalista e de persoas que queren que na corporación municipal haxa unha organización galega, asentada no país, sen ataduras a Madrid, que teña como prioridade defensa da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio, así como a creación de emprego e mellorar
o benestar social das veciñas e veciños da Estrada”.

IMG_3897 “Por outra parte”, afirmou Magariños, “presentamos unha lista parcialmente renovada; das 24 persoas, 13 non foran na última candidatura de 2011 e 8 preséntanse por primeira vez nunha lista do BNG o que demostra que no campo do nacionalismo hai banquillo abondo e hai renovación”.

A seguir detallamos os nomes e apelidos das persoas que compoñen a lista do BNG-Asembleas Abertas:

1.  *Xosé Magariños Maceiras*, natural da Estrada, actual concelleiro do BNG, profesor de procesos e produtos da madeira no Antón Losada da Estrada.

2. *Susana Camba Castro*, natural da Estrada, licenciada en historia, traballa no 112 e é delegada sindical da CIG.

3. *Constantino Regueira Paz*, de Guimarei, foi mestre en Figueiroa, representante de Queremos Galego.

4. *María Blanco Corral,* natural da Estrada, mestra no colexio público de Figueiroa.

5. *Víctor Pousada López,* natural de Matalobos, traballa na distribución alimentaria, é delegado sindical da CIG e membro do comité de empresa.

6. *Ana Rodríguez Pereira,* é de Arca, funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar e forma parte do seu consello reitor, foi portavoz da plataforma de emigrantes retornados.

7. *Luís Rendo Rial,* é de Orazo, técnico mantemento do clínico de Santiago, moi implicado nos movementos sociais, educativos e culturais da parroquia.

8. *María Dolores Reimóndez Reimóndez,* de San Miguel de Castro, é graduado social, traballa na sanidade privada.

9. *Xosé Manuel **Nogueira **Rodríguez,* natural de Remesar vive en Figueiroa, é profesor, e forma parte da directiva da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea.

10. *Purificación Torres Tato*, é de Frades, traballa no 112

11. *José Manuel Iglesias Villar (Zipi)*, é de Rubín, traballa no sector da madeira, é membro do comité de empresa de María Martínez

12. *María Xesús Balo **Becerra*, vive na Estrada, é sindicalista da CIG

13. *Francisco** Vidal García* *(Pancho),* é de Curantes, traballa como profesor

14. *María Nieves García Pérez* é de Guimarei

15. *Xosé Manuel Baños García* é de Santo André de Vea, responsábel local do BNG

16. *Xosefina Pereira Rivas*, da Estrada, é mestra

17. *Antón Álvarez Merayo* vive na Estrada, é secretario local da CIG da Estrada

18. *María Xosé Vizoso Saborido* é da Estrada, enfermeira no ambulatorio da Estrada

19. *Xoán Carlos Castro Blanco* é de Guimarei, traballa en telefónica, concelleiro do BNG na anterior lexislatura

20. *Isabel Ruíz Ferro* é de Couso, xubilada da banca, concelleira do BNG na anterior   lexislatura

21. *Raquel López Doce* é da Estrada, é traballadora social do concello de Pontecesures,
concelleira do BNG na anterior lexislatura

Suplentes
1. José Neira Barros
2. Montse López Doce
3. Manuel Anxo Rendo Lema

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta