A zona deportiva acollerá a VI Copa Galicia Internacional de Trampolín

IMG_9288

A zona deportiva de A Estrada acollerá os días 24, 25 e 26 de abril a VI Copa Galicia Internacional de Trampolín, así no lo presentaron Manuel Estévez, presidente da Federación Galega de Ximnasia, Sofía Mosteiro, mestra de ximnasia no noso concello e Pablo Clemente, presidente do Clube de Ximnasia acrobática, acompañados do alcalde, Xosé López, e o edil de deportes, Ismael Pena.

[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1DHZwTT» standard=»http://www.youtube.com/v/EWYZd2bSGhU?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=EWYZd2bSGhU&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=&notes=» id=»ep8828″ /]

No campionato competiran nas modalidades de tumbling, cama elástica e dobre minitramp. A entrada será gratuita.

IMG_9303Se chegara o material uns días antes do comezo do torneo, a organización ofrece a posibilidade aos colexos da zona de que os alumnos poidan probar as camas elásticas e trampolíns.

Á presentación tamén asistiron unha ampla representación de ximnastas estradenses acompañados dos seus proxenitores. Destes últimos alabou López a súa implicación cós rapaces para que lles sexa posible a práctica deste deporte, ao requerir moitos desprazamentos para entrenamentos (en Pontevedra, ao non contar A Estrada con instalacións e material axeitado) e asistencia a competicións.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta