Viravolta Títeres despídese con sorrisos da vila

O obradoiro de títeres da man da compañía Viravolta Títeres de Lalín, despídese da vila con un gran éxito entre os nenos asistentes.

Os membros da compañía con trinta anos de experiencia fabricando marionetas, realizaron un obradoiro no que participaron 20 rapaces. Nel ensináronlle os cativos a realizar unha marioneta moi sinxela con técnicas de papiroflexia.

Posteriormente, a compañía lalinense representou a súa obra “O Galo Quirico e os seus amigos”, nunha sesión aberta que levantou gran expectación entre os rapaces, e non tan rapaces, asistentes.

Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta