Móvete busca manter a independencia de cara as eleccións municipais e iniciamos unha campaña de donacións

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nMóvete renuncia aos créditos bancarios para manter a independencia de cara ás próximas eleccións municipais e iniciamos unha campaña de financiación cidadá para afrontar os días previos a estos comicios.

Pedimos a participación da cidadanía porque a nosa lealdade está coa xente e non cos bancos. Admitiremos donacións pero só de persoas físicas, non de asociación nin de empresas.

O orzamento de campaña de móvete será froito das aportacións feitas pola cidadanía de xeito individual e identificables e do que rendiremos contas públicas. Habilitaremos no blog de móvete, www.http//movetepolaestrada.blogspot.com un apartado onde especificaremos os ingresos que imos obtendo e os gastos xustificados para ver en que imos gastando o diñeiro.

Móvete ten un proxecto para A Estrada: Un Concello “democrático, xusto, transparente e sostible”. E sabemos como poñelo en práctica, por iso, o 24 de maio temos unha oportunidade histórica para gañar o Concello para todxs xs veciñxs e facer realidade a creación de postos de traballo digno no noso Concello. Só co esforzo dxs veciñxs poderemos facer unha campaña gañadora e sen deberlle nada a ningunha entidade que poida comprometer a nosa independencia.

Ainda que dende móvete a nosa regla principal é non gastar cartos na campaña, xa que, nos parece un despilfarro o tipo de campañas que se veñen facendo por parte dos grandes partidos, hai unha serie de gastos que son inevitables para dar a coñecer as nosas propostas, tales como: Impresión do programa, adhesivos, panfletos, carteis, materias para elaboración de bandeirolas que nos mesmos faremos, alquiler de equipo técnico para os actos. Dende móvete estamos a diseñar unha campaña creativa froito do noso traballo e participativa implicando a colaboración dxs veciñxs na creación e difusión de eventos.

Móvete A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta