Con motivo do 23 de Abril, dende A Estrada PODE queremos elevar unha proposta a nivel municipal para a xestión e actividades da biblioteca pública.
Por este motivo, onte rexistramos no Concello un dosier elaborado por Ana María Díaz Faraldo, Profesora e especialista en Bibliotecas e Documentación, cotexado co texto
difundido pola Comisión técnica de Bibliotecas Escolares, dentro do *Marco de referencia para las bibliotecas escolares*, editado pola Secretaría Xeral Técnica, dependente do Ministerio de Educación.
A Estrada Pode






































