O goberno enmarca a petición de documentación no contexto do arquivo definitivo dun recurso do secretario

01 constenla concello «En ningún momento se está a cuestionar a legalidade do PXOM», salienta Juan Constenla, que avanza que «remitirase con premura a documentación requerida porque o goberno local quere a máxima transparencia neste tema» 

 Lembra que este proceso «xa acumula dous arquivos por parte do xulgado favorables ao goberno local» e salienta que «quedou acreditado que o alcalde e o concelleiro Alberto Blanco sempre actuaron na defensa dos intereses xerais» 

O goberno local da Estrada salienta que o Xulgado nº 2 «en ningún momento está a cuestionar a legalidade do PXOM» e anuncia que remitiralle «con premura» a documentación solicitada «porque non hai nada que agochar e quérese a máxima
transparencia neste tema». Así o anunciou o concelleiro Juan Constenla, que enmarcou esta petición de información no contexto xudicial do arquivo definitivo dun recurso presentado polo anterior secretario.

«O señor Naveira está no seu dereito de exercer as accións que estime oportunas, pero hai que lembrar que é a terceira vez que tenta reabrir un proceso que xa acumula dous arquivos por parte do xulgado favorables ao goberno local. Ademais, en todo momento a propia Fiscalía deixou acreditado que tanto o alcalde como o concelleiro Alberto Blanco actuaron sempre na defensa dos intereses xerais do pobo da Estrada», explica Constenla.

En relación ás manifestacións do candidato socialista, Juan Constenla cualificou como «lamentable, pero nada sorprendente vendo a actitude do PSOE», que Dono pretenda «esconderse detrás doutras persoas, cunha estratexia sucia, para confundir aos veciños e tentar dinamitar o PXOM». «A estas alturas, despois de tres anos desaparecido, de Dono xa non esperamos ningunha aportación en positivo», enfatizou, antes de lembrar que «por moito que lle pese o PXOM da Estrada segue vivo e está a dar os seus froitos en beneficio de todos os estradenses».

Alcaldía de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta