López garante unha Casa da Mocidade e iniciativas para favorecer o acceso dos mozos ao seu primeiro emprego

IMG-20150424-WA0009 Diante de 150 mozos e mozas, o candidato do PP comprométese tamén a «reforzar a organización de actividades xuvenís» e a «buscar unha solución de infraestruturas satisfactoria para os afeccionados ao atletismo»

O candidato do PP á Alcaldía da Estrada, José López, adiantou na noite de onte nun encontro aberto mantido con 150 mozos e mozas no Restaurante Samaná as liñas programáticas xerais e algunhas promesas concretas orientadas ao electorado xuvenil.

Entre elas, destaca a realización das xestións necesarias para converter o antigo edificio do INEM -situado na avenida Benito Vigo, moi preto da Casa das Letras- na Casa da Mocidade, para o que «será necesario pór de acordo á ACE e aos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG».

Entre as medidas específicas para a mocidade, José López comprometeuse a potenciar o asociacionismo xuvenil e a mellorar a organización de actividades para este sector da poboación.

Para iso, o PP incluirá no Programa Electoral o compromiso de establecer unha partida orzamentaria anual específica para a Concellería de Xuventude e de buscar novas canles de interlocución coa mocidade para definir as prioridades de gasto e investimentos.

No transcurso do encontro, José López tamén plantexou outras medidas de carácter transversal que tamén incidirán na mellora das oportunidades para os mozos/as, como poden ser a culminación do proceso de inclusión no Área de Transporte Metropolitano de Santiago, «co aforro que iso supón para os usuarios habituais»; a posta en marcha do Viveiro de Empresas do Novo Mercado e a colaboración con outras Administracións para aplicar plans que favorezan o acceso ao primeiro emprego; e a ampliación de infraestruturas deportivas para prácticas novas como poden ser o pádel ou o atletismo.

Ao respecto, José López garantíu que durante o novo mandato, «se o PP revalida a maioría
absoluta, buscarase unha solución de infraestruturas que sexa satisfactoria para os afeccionados ao atletismo». «Xa temos en mente algunha posible ubicación, que haberá que valorar e comentar cos clubes, porque son precisos arredor de 20.000 metros cadrados e vai supor un esforzo económico importante, pero pagará a pena se o interese e a afección segue a medrar», explicou.

PP de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta