Este venres día 1 de maio temos concerto de música de cámara ás 20:30 hs no MOME

concerto Javi OteroJavier Otero, Humberto Armas e Mikolaj Konopelski son músicos novos pero de carreiras artísticas veteranas. Galicia, Venezuela e Polonia converxen nesta formación camerística unindo enerxía, traballo e rigor artístico. As súas interpretacións atraen ao público pola súa frescura e a súa calidade.

Humberto Armas, viola venezolano formado na Escola Superior de Música Reina Sofía, é o director artístico da «Orquesta en el Tejado», na que interpretan programas de diferentes estilos xunto co violinista Ara Malikian. Ademáis, é frecuente a súa colaboración con orquestras nacionais e internacionais de primeiro nivel.

Mikolaj Konopelski, violoncellista polaco, forma parte do cadro da Orquestra Sinfónica de Madrid, titula do Teatro Real. Diplomado cum laude pola Universidade Frederyk Chopin de Varsovia, é gañador en concursos nacionais e internacionais.

Javier Otero, pianista galego (A Estrada) de proxección internacional, ven de pechar un ano 2014 no que actuou no Instituto Cervantes de Toquio cun programa íntegro de compositores galegos, actuou o Día Europeo da Música, estreando a obra «Auga Doce» de Juan Durán coa Real Filharmonía de Galicia; e ademáis, gravou un disco con «Imrpomptus» de Chopin, Schubert e Fauré que está a ter unha grande acollida entre o público e a crítica.

Interpretarán o Trío Op.11 de Beethoven e o Trío Op.114 de Brahms.

Cultura A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta