Este venres, 1 de maio, iníciase o programa Imos Andar, promovido pola Fervenza de Ouzande, coa Ruta do Río Gallo.
A seguir achégolle todos os datos da mesma e infórmolle que a actividade só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.
Datos:
Saída: 10 da mañá.
Chegada: 13:30
Lugar: Igrexa de Ouzande
Dificuldade media baixa.
Distancia: 12 km
Recoméndase levar un bo calzado de ruta, así como roupa apropiada para a chuvia, e atender ás previsións meteorolóxicas.
Puntos de Interese
*- Fonte do Redondo.* Perto da saída atravesaremos o fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan *.*
*- Montes de Ouzande. *O percorrido inclúe na súa primeira parte camiños a través dos montes da parroquia, onde se combinan masas de árbores autóctonas, de extraordinaria beleza, con outras de coníferas e foráneas.
*-Castro de Arcos. *Rodearemos este fermoso promontorio no noso percorrido.
*-Montes de Arcos.* Percorreremos parte dos frondosos bosques dos Montes de Arcos, con masas arbóreas autóctonas de carballos, castiñeiros e acivros.
*-Río Gallo.* Atravesaremos o Río Gallo, perto do seu nacemento, moi próximo ao límite da parroquia de Ouzande, A Somoza e Arcos. Paraxe fermosa con numerosos saltos, estanques e flora típica de ribeira.
*-Aldea de Ferreiros. *Pertence ao concello de Cuntis, aínda que historicamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande*.*
Achégase cartel da actividade
A C A Fervenza de Ouzande






































