A ACOE organiza para a tarde deste sábado unha nova edición da Festa da Primavera a partir das 17:00 horas. Este sábado pola tarde haberá actividades para os máis cativos polas rúas do centro e un concurso polos comercios asociados. Todos os que participen no concurso obteran premio. Os rapaces e rapazas que queiran concursar terán que anotarse esta semana nas oficinas da ACOE, aínda que ningún rapaz se quedará fora e poderá anotarse o mesmo día, solicítase a inscripción prebia para coñercer o número de obsequios necesarios.
Para non entorpecer as actividades da Feira do Libro organizadas polo Concello, as da feira da primaveira farán un alto ás 6 da tarde para que os cativos poidan acudir ao contacontos que estará nos Xardíns Municipais continuando ao remate deste evento.
O presidente da ACOE, Alfredo González, danos toda a información.
[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1QcVcR4″ standard=»http://www.youtube.com/v/NckaTSU6utU?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=NckaTSU6utU&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep2219″ /]



































