Representes da ANPA do Colexio do Foxo reuníronse na mañá de hoxe co líder dos socialistas José Antonio Dono e membros do grupo municipal para expoñer a súa impotencia ante a negativa da administración a atender a petición que realizan dende o centro para que as 8 familias, con residencia na vila, que teñen escolarizados aos seus fillos no centro do Foxo poidan empregar o autobus escolar.
“Entendemos a rabia e a impotencia que nos trasladan os pais e nais do Foxo, pois, certamente, as administracións deben facilitar o día a día dos veciños e veciñas, non poñer trabas. Neste caso concreto a pretensión de que os nenos e nenas que acoden ao colexio do Foxo poidan empregar o bus escolar dende a vila non debería ser un problema, pois dáse a coincidencia de que o autocar non tería que variar o recorrido que realiza, incluso a persoa que acompaña aos pequenos no autobús viaxa tamén dende o casco urbano, polo que o que fai falla é un pouco de vontade política e sensibilidade por parte dos responsables de educación”, opinou José Antonio Dono.
Os socialistas manifestaron a súa intención de trasladar este problema ao debate plenario da corporación municipal. Plantexan acadar un acordo plenario de apoio á solicitude dos pais e nais do colexio que lles sirva para refrendar a súa solicitude ante o Conselleiro. “A cercanía como administración local débenos levar a defender a apoiar as peticións dos veciños e veciñas, e se o Concello pode apoiar non entendemos que non o faga, cando como neste caso, o custe de atender a petición non supón gastar máis cartos, se non só optimizar a xestión dos recursos xa existentes e así facilitar o servizo ás familias”.
PSdeG PSOE de A Estrada







































