Proxección Mr Smith & Mrs Wesson

Cuando:
12 enero, 2013 a las 9:00 pm – 10:00 pm
2013-01-12T21:00:00+01:00
2013-01-12T22:00:00+01:00
Donde:
Teatro principal
Precio:
3€

Sábado 12 de xaneiro, ás 21.00 h, no Teatro Principal da Estrada, terá
lugar o pase da curtametraxe realizada pola produtora AIRA STUDIO «Mr Smith
& Mrs Wesson». As entradas poderán adquirirse na billeteira do teatro media
hora antes do pase a un prezo de 3€.

A sinopse do filme é a que segue:

Mr. Smith pasou por máis cousas das que a súa mocidade delata. Por iso,
cando entra no edificio abandonado que cambiou a súa vida, non só leva unha
pistola na man e unha vinganza na mirada?

Smith carga tamén cunhas toneladas de recordos: os dos momentos que o
conduciron até alí.

Recrutado por unha axencia gobernamental encuberta que adestraba asasinos,
Kalashnikov, o home ao mando, encomendoulle o adestramento a un dos seus
mellores axentes: Mrs. Wesson.

Pero durante as longas sesións nas que Smith e Wesson ensaiaban a súa
puntaría ou practicaban artes marciais, a atracción entre eles foi en
aumento, até converterse nun apaixonado romance que acabaría chamando a
atención de Cutter, o lugartenente de Kalashnikov.

Agora, Mr. Smith debe abrirse paso entre un exercito de asasinos comandados
por Kalashnikov para recuperar o máis importante da súa vida. As balas
asubiarán e o sangue volverá correr antes de que acabe o día, pero nada nin
ninguén porán freo á ira dun home disposto a cumprir co seu destino.

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta