Como xa vos avanzamos este fin de semana, na madrugada do venres inaugurábase a campaña electoral. Os cinco candidatos á alcaldía reuníanse o xoves pola tarde para realizar unha foto conxunta a petición da prensa local.
Xa ás 00:00 comezaba a apertura da campaña coa pegada oficial baixo unha intensa choiva. Nas fotografías nocturnas faltan A Estrada Pode e BNG que pegaron os carteis máis tarde.






































