O BNG comezou a campaña en Guimarei

02Xa na mañá do domingo o BNG realizou o primeiro mitin da campaña no local de Guimarei, despois de haber suspendido o de Souto de Vea polo asesinato de violencia de xénero en Ourense.

Este martes teñen previsto desprazarse a casa da escola de Curantes ás 20:30 horas, mesmo horario no que acudirán o mércores á escola de Toedo e xoves ao local social de Ouzande. O venres reuniránse cós veciños de Orazo no local social ás 21:30 horas. Xa o domingo 17 será o turno de Castro ás 19:00 horas na escola e o luns na escola de Arca ás 20:00 horas.

O acto central de Campaña terá lugar o xoves 21, ás 21:00 horas na Sala Gradín, coa presenza da deputada do BNG no Parlamento Galego, Tereixa Paz).

O peche de campaña será o venres 22, ás 20:30 horas na escola de Vinseiro.

 

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta