Onte tivo lugar na sala de xuntas do consisitorio estradense unha reunión da xunta de seguridade. Posteriormente Xosé López, alcalde de A Estrada, e Antonio Coello, Subdelegado do Goberno, explicáronnos os puntos que se trataron na reunión. Ambos animan aos veciños a que se observan algún descoñecido rondando as súas casas chamen ao 062, número no que xestionan os servizos de seguridade e que lles enviarán a patrulla máis cercana ao domicilio.
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras






































