Esta mañá a edil de educación, Amalia Goldar, acompañada de Mª Esther Martínez, da universidade de Vigo, e de Mª Luisa Moimenta, da escola infantil Elfos, presentaron as primeiras Xornadas pola Educación Infantil da Estrada.
As xornadas compoñense por unha serie de obradoiros nos CEIP estradenses e varias conferencias no Teatro Principal. Os profesionais poden matricularse para conseguir o certificado de asistencia o remate das xornadas nos seguintes correos:
marisamoimenta@hotmail.com
escolainfantilelfos@gmail.com
As conferencias son de libre asistencia para tódolos públicos e son as seguintes:
– 23 de Xaneiro ás 16:45 horas: Inauguración oficial.
– 23 de Xaneiro ás 17:00 horas: Linguaxes expresivas na educación infantil: linguaxes non verbal.
– 24 de Xaneiro ás 17:00 horas: Construindo unha relación de equipo entre as escolas e as familias.
– 24 de Xaneiro ás 18:30 horas: Música na educación infantil: O gran comodín.
– 24 de Xaneiro ás 20:00 horas: Os contos lidos cos cinco sentidos.
– 25 de Xaneiro ás 17:00 horas: Comprendendo a mente do neno de 0 a 6 anos: a intelixencia emocional e o apego.
– 25 de Xaneiro ás 18:30 horas: ¿Por que os trastornos máis frecuentes son os que afectan á conducta, á ansiedade e á atención na idade infantil?
– 25 de Xaneiro ás 20:00 horas: Nosos fillos ¿en que mundo crecen?
– 25 de Xaneiro ás 21:30 horas: Clausura oficial
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras






































