Dono reuníuse este fin de semana con representantes de asociacións e as ANPAS estradenses

01O sábado o candidato José Antonio Dono presentou os seu proxecto de dinamización da vida cultural das parroquias e os seus compromisos en materia de colaboración coas asociacións da Estrada.

«É necesario deixar de gastar en actividades e esporádicas e articular un autentico programa cultural. Non vale con cubrir expediente de actos, hai que optimizar os recursos e traballar en rede coas entidades. Consello local da Cultura, programas deseñados en colaboración con asociacións e bonos para que as familias poidan participar das actividades en condicións de igualdade», propuxo o candidato socialista á alcaldía.

Xa pola tarde, José Antonio Dono reuniuse con representantes das ANPAS dos colexios da Estrada para falar de educación. «É necesario plantexar un estudo sobre a adecuada zonificación dos colexios par evitar a desaparición de calquera dos nosos centros de ensino, con este obxectivo comprometo o meu total apoio aos colexios e ás familias. Ademais é necesario aproveitar o potencial dos centros docentes e das súas instalacións para permitir conciliar a vida familiar e laboral, facilitando atención aos nenos e nenas
fóra do horario lectivo», manifestou José Antonio Dono.

image1Ao final da tarde o Colexio do Foxo foi o marco no que o candidato á alcaldía José Antonio Dono continuou presentando os seus compromisos de goberno no día de hoxe, Xunto con Rómán Suárez e Ángel Batán, José Antonio Dono incidiu nos seus compromisos para atender as necesidades das parroquias do rural, colaborar en materia de dinamización coas asociacións e nas propostas en materia de educación.

O domingo 17, o alcaldable socialista participou no acto do Día das Letras Galegas que tivo lugar ante o monumento aos irmáns Valladares nos Xardíns Municipais. Seguidamente asistiu ao acto institucional de entrega das insignias do Salmón de Ouro e a continuación participou na degustación popular que se celebrou na Praza do Concello.

Rematou o fin de semana, no Colexio de Oca, compartindo mitin con *Pilar Cancela, Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE.*

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta