O IES Antón Losada organiza varias actividades esta semana con motivo das Letras Galegas

imaxe1Este mércores tivo lugar a primeira das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas 2015. A finalidade das mesmas é achegar ao alumnado e á comunidade educativa en xeral unha serie de actividades lúdicas, literarias, musicais, teatrais na nosa lingua, que reforcen o seu uso e unha actitude positiva cara a mesma.

Neste día tivemos con nós ao estradense Mago Toño, que presentou un espectáculo titulado «A Maxia das Letras» que fixo as delicias dos asistentes cos que interaccionou en todo momento.

cartel letras 15cor.cdr

IES Antón Losada Diéguez

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta