Alfonso Rueda acompaña esta noite a José López no mitin de peche da campaña en Souto de Vea

IMG_4305 O candidato popular amósase «moi satisfeito e ilusionado» co traballo realizado nesta campaña, na que destaca a masiva asistencia de veciños/as aos actos electorais, especialmente ao mitin central e ao café coas mulleres

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Alfonso Rueda, acompañará esta noite ao candidato popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, no mitin de peche de campaña que se celebrará a partires das 21.30 horas no pavillón polideportivo do colexio Manuel Villar Paramá do Souto de Vea.

Este acto porá o punto final a dunha campaña electoral na que o candidato popular terá ofrecido 27 mitins e celebrado encontros sectoriais coas mulleres, os empresarios e os deportistas e clubes deportivos, entre outras reunións. José López amósase «moi satisfeito e ilusionado» co traballo realizado «porque permitíu trasladarlles aos veciños o exitoso balance destes catro anos de goberno e tamén presentarlles as 200 propostas coas que queremos seguir mellorando o futuro da Estrada».

image3«Percibimos que a xente valora todo o feito e que confía neste equipo de goberno pola súa seriedade e rigor, fronte a outras propostas que o único obxectivo que teñen e desbancar ao PP do goberno para repartirse o poder sen importarlles o futuro deste concello e sen ter un proxecto común», engadíu.

De todos os actos electorais, José López destaca a asistencia masiva ao mitin central celebrado no anexo ao pavillón Coto Ferreiro con máis de 1.200 persoas e tamén ao café-tertulia coas mulleres, con preto de 600 asistentes.

PP de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta