O sábado día 20 de xunio no local do Outeiro na parroquia de Guimarei a AAVV Santa Apolonia realizou a xa tradicional sardiñada de San Xoan, onde veciños e amigos compartiron unha boa cea na que non podían faltar as sardiñas.
A cea estivo amenizada por un grupo de gaitas.







































