O pasado xoves o alcalde, Xosé López facíanos unha valoración dos últimos acontecementos da política local.
O rexedor anunciaba a retirada da praza provisional esperando rematar os traballos para o comezo das festas e falábanos no conflicto local pola ampliación do cementerio entre outros temas de actualidade.
No tocante ao cementerio, López, entende as posturas das partes implicadas, pero cre que como goberno debe estar do lado da maioría dos estradenses e autorizar a ampliación que conta con todos os informes favorables.






































