O Memorial Gema Calvo recaudará fondos contra o cancro

Memorial Gema Calvo MimelaEste sábado ás 18:30 horas no Campo de Figueroa Irmandinhos e Braithreachas enfrontaranse a un Combinado de Galicia de fútbol gaélico nun Memorial na honra de Gema Calvo.

Gema foi unha das impulsoras do fútbol gaélico no noso concello e vai facer unha ano que faleceu debido a un cancro. O club quere renderlle un homenaxe a través deste Memorial que apoian diversas personalidades como: Chelo do Rejo (actriz da TVG, Tourilandia, colaboradora na Solaina, membro da compañía teatral “Matrioskas”), Alfonso Vázquez (Campión galego de motociclismo superstock 600 en 2014), Cristóbal Dios (2º Absoluto e 1º Sub23 no campionato ibérico de tríatlon 2014, 1ºSub23 no campionato galego 2014, 2ºAbsoluto no campionato galego 2014 e 2ºSub23 no campionato de España 2014), Álex Marque (Campión da volta a Portugal 2013, Óscar González (Campión de España CRN Sub23 de 2014), Pablo Sanmartín (Primeiro galego campión de Europa de Bádminton cá selección española e 13 medallas nos campionatos de España) e David Vázquez (Copiloto, Sub Campión de España de Rallys 2013 e actualmente corre o mundial de rallys) entre outros.

A entrada terá un custe de 1€ que será destinado para AECC, Asociación Española contra o cancro.

Así no lo presentaron membros do club acompañados de representantes da AECC local e os pais de Gema na Cafetería Mimela.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta