Valoración do grupo municipal socialista sobre a "anulación" do Proxecto Cidade do Moble

PSOE eduardo dono belenO grupo municipal socialista non tivo acceso á literalidade da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) relativa ao Proxecto Cidade do Moble. Non obstante, se tal e como recollen os medios de comunicación o fallo do TSXG anula o proxecto en base á existencia de importantes erros na tramitación administrativa do expediente a Xunta e o Goberno municipal, o presidente Feijoo e o alcalde López Campos, como responsables da tramitación, deben dar explicacións a todos os estradenses.

Agardamos a convocatoria inmediata dunha comisión informativa, na que se traslade aos restantes grupos da corporación municipal que accións vai adoptar o goberno da Estrada e da Xunta ao respecto, e na que estudiar as implicacións deste fallo cos técnicos municipais, tanto dende o punto de vista legal como de desenvolvemento urbanístico, e as consecuencias e implicacións para os veciños e empresas afectados por este proxecto. De non convocarse de urxencia dita comisión, dende o grupo socialista, amparados na lei de procedemento, forzaremos dita reunión de traballo rexistrando unha petición formal en función representación obtida nas eleccións e con petición de asistencia dos técnicos e asesores necesarios.

A aprobación da Cidade do Moble que anula o tribunal foi realizada pola Xunta de Feijoo nos meses de precampaña das municipais de 2011, ignorando a alegación presentada en xullo de 2010, polo Concello Estradense encabezado por José Antonio Dono na que os técnicos municipais xa advertían sobre a tramitación que se estaba a facer neste proxecto. Sen embargo o daquela deputado e candidato á alcaldía José López Campos e o presidente Feijoo e o Conselleiro preferiron obviar as advertencias e buscar o rendemento
político de cara ás municipais coa promesa de desenvolmento inmediato do polígono do moble. Promesa incumprida que dou lugar a un proxecto paralizado dende fai anos e sen visos de executarse tal e como manifestou o Conselleiro responsable, pero que dende entón ven xerando negativas consecuencias para varias familias da Estrada.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta