Gala de Clausura de Panic II

Gala panicEsta noite ás 20:30 horas terá lugar a Gala de Clausura do PANIC onde se poderán visionar as curtas de terror realizadas polos alumnos dos distintos IES estradenses. Ademais presentarase o documental feito por Trípode Producciones sobre a ZOMBIE WALK; e entregaranse os agasallos do Premio á mellor caracterización zombie e aos participantes no certame de curtas. O acto contará coa participación do ximnasio ABSOLUTE e coa animación de Fran Campos que dará vida a ARISTÓBULO, un sinistro mordomo que fará de mestre de cerimonias. A sesión de fotocol comezará a partir das oito e cuarto da noite no hall do teatro
Principal.

Todos aqueles que queiran asistir á gala maquillados de zombies, deberán achegarse a partir das sete da tarde ao Teatro Principal onde as maquilladoras do PANIC axudaranos a caracterizarse de zombies.

Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta