Chega o Entroido e Couso preséntanos o seu programa cargado de novidades

Imaxes do Entroido en Couso 2012

Fotografías: Jesús Bustelo e Iria Eiras

Gravación: Abel Eiras e Iria Eiras

Desde a Comisión do Antroido de Couso 2.013 e a AA. CC. O Cruceiro de Couso queremos, mediante a presente nota de prensa, recordarvos que o vindeiro domingo día 17 do presente mes de Febreiro celebrase na nosa parroquia o xa tradicional Entroido de Couso.

A edición do Entroido deste ano vai ser unha edición no que se combine tradición con notas novidosas. E como marca a tradición entorno as 10:30 comezaremos o percorrido pola parroquia para chegar as 12:30 horas do mediodía o Parador de Couso. As 13:00 horas teremos a primeira novidade, onde a pe da ponte romana que une as dúas provincias os nosos xenerais representaran un alto entre os exércitos defensor e atacante. Unha vez se libre a batalla verbal continuaremos co percorrido pola parroquia e despois facer unha pequena parada para recuperar forzas.

Xa pola tarde desprazarémonos ata San Xurxo de Vea, onde temos previsto chegar en torno as 16:30 horas. Despois de lucir as nosas mellores galas polo Souto de Vea, emprenderemos o camiño de regreso cunha penúltima parada no Mesón A Outeira, para sobre das 19:00 chegar o Campo da Festa de Couso, onde actuaran os coros, haberá algunha sorpresa e por último disfrutar do Alto dos Xenerais do Ulla. Como vos dicíamos o comezo contamos con algunha novidade, entre elas temos o pracer de poder durante todo o día do afamado grupo de pandereteiras “Leilia” que se integrarán co resto de compoñentes dos coros e disfrutaran dun día de Antroido como se se tratase dunhas veciñas mais de Couso.

Pero Leilia non será a única novidade. Empeñados en poñer en valor unha tradición cultural tan importante como son os entroidos do Ulla, cos seus afamados xenerais como máximo expoñente, tamén nos acompañara unha produtora franco-alemana que traballa para o canal National Geografic, co fin de gravar as vivencias dun día de Entroido nas ribeiras do Ulla.

Redacción: A.C. O Cruceiro de Couso e Comisión Antroido de Couso 2.013

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada, ¡Especial Entroido!. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta