Entorno as 10:30Â dende o campo da festa comezaremos o percorrido pola parroquia para chegar as 12:30 horas do mediodÃa o Parador de Couso.
As 13:00 horas teremos a primeira novidade, onde a pe da ponte romana que une as dúas provincias os nosos xenerais representaran un alto entre os exércitos defensor e atacante. Unha vez se libre a batalla verbal continuaremos co percorrido pola parroquia e despois facer unha pequena parada para recuperar forzas.![]()
Xa pola tarde desprazarémonos ata San Xurxo de Vea, onde temos previsto chegar en torno as 16:30 horas. Despois de lucir as nosas mellores galas polo Souto de Vea, emprenderemos o camiño de regreso cunha penúltima parada no Mesón A Outeira, para sobre das 19:00 chegar o Campo da Festa de Couso, onde actuaran os coros, haberá algunha sorpresa e por último disfrutar do Alto dos Xenerais do Ulla. Como vos dicÃamos o comezo contamos con algunha novidade, entre elas temos o pracer de poder durante todo o dÃa do afamado grupo de pandereteiras “Leilia†que se integrarán co resto de compoñentes dos coros e disfrutaran dun dÃa de Antroido como se se tratase dunhas veciñas mais de Couso.



































