Que ocurre co viveiro de empresas que pretende crear a Fundación do Moble?

Valoración PSOE presuposto 2013Negativas consecuencias futuras

Na tarde de onte tiña lugar o Padroado da Fundación Cultural da Estrada, sendo un dos asuntos a tratar a aprobación da colaboración e participación no órgano xestor para o funcionamento do “Viveiro de Empresas” da Fundación de Exposición e Congresos (Fundación do Moble). O 27 de decembro a Fundación do Moble aprobou a creación, nas súas instalacións, de un Viveiro de empresas, incluíndo como entidades colaboradoras ao Concello e á Fundación Cultural.

No transcurso do Padroado da Fundación Cultural, os representantes socialistas expuxeron varias dúbidas sobre as implicacións futuras que as bases propostas terán para futuro da Fundación Cultural, así como para o da propia Fundación do Moble. Por este motivo solicitaron a modificación das mesmas.
Os socialista consideramos necesario apoiar aos sistemas produtivos ante a grave crise que estamos a padecer. É necesario apostar por manter e rexenerar o tecido produtivo, para así contribuír á recuperación do mercado de traballo e evitar o aumento, inda máis, do desemprego na Estrada. A proba de que consideramos que a creación de un Viveiro de empresas *(unha estrutura de acollida temporal pensada para apoiar ás empresas nos
primeiros anos da súa creación, e facilitar un dinámico desenvolvemento de iniciativas empresariais)* é unha boa medida está en que no proxecto deseñado polo anterior goberno para o Novo Mercado tamén se recollía a creación de un Viveiro. Neste caso, estamos a falar de un Viveiro de Empresas moi modesto, de capacidade reducida (segundo se recolle nas bases: 2 locais privados para utilización por unha persoa cada un deles).

As bases do Viveiro de empresas da Fundación do Moble propostas recollen: *…a Fundación Cultural aportará o apoio do servizo de Emprego e Desenvolvemento Local*. Noutro apartado dise: o *Viveiro ofrece os seguintes servizos …3.Servizo de Asesoramento a empresas, telecomunicacións e Formación, a través da Fundación Cultural da Estrada.* Isto implica asumir por parte de dita Fundación a prestación indefinida do servizos citados, sabendo que na actualidade se realizan con cargo a unha subvención, da que non hai garantía certa de continuidade. Aceptar o proposto implicaría aceptar a contratación con fondos propios do persoal necesario para prestar os servizos no Viveiro da Fundación do Moble.

Ademais, desvirtuando totalmente o espírito dos Viveiros de empresas, apoio temporal nos primeiros anos das empresas e dinamismo na cesión dos nichos do viveiro para chegar a apoiar ao maior número de empresas posibles, neste caso non se limita o período de tempo no que as empresas beneficiarias poderían empregar os espazos do viveiro. Motivo polo que a Fundación de Exposicións e Congresos (Fundación do Moble) tería vinculados os seus
espazos as empresas concesionarias indefinidamente, sen poder recuperar a súa posesión para novas cesións. Ademais, esta situación anularía totalmente as funcións da persoa responsable do viveiro, persoa da que non se define o seu estatus: nova contratación, aumento de funcións a un traballador…

Monocolor Comité executivo do Viveiro

Ademais os socialistas mostraron a súa postura contraria á proposta realizada polo Alcalde e Presidente da Fundación Cultural para a elección da persoa membro do comité executivo do Viveiro de Empresas, realizando unha proposta alternativa que permitiría dotar a este órgano executivo de maior debate interno, pluralidade e transparencia nas decisións.

O Concello pola súa parte, en XGL de 14 de xaneiro, aprobou as bases propostas, e nomeou membro do Comité Executivo en nome do Concello ao Concelleiro de promoción económica. Agora, no seo da Fundación Cultural a proposta do seu presidente, o Alcalde Sr. López Campos, é que sexa unha Concelleira do PP a persoa que represente á Fundación Cultural.

A nosa proposta é que a persoa que represente á Fundación Cultural non teña vinculación co grupo político que goberne no Concello, posto que éste xa elixe ao representante municipal, sendo unha persoa membro do Padroado da Fundación de calquera dos outros grupo municipais.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta