Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou de vías non formais de formación. Hai prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Administración e xestión: 540 prazas.
- Agraria: 220 prazas.
- Edificación e obra civil: 1055 prazas.
- Electricidade e electrónica: 940 prazas.
- Fabricación mecánica: 660 prazas.
- Hostalaría e Turismo: 1300 prazas.
- Imaxe persoal: 320 prazas.
- Industrias alimentarias: 300 prazas.
- Informática e comunicacións: 420 prazas.
- Instalación e mantemento: 800 prazas.
- Madeira, moble e cortiza: 435 prazas.
- Química: 160 prazas.
- Sanidade: 1600 prazas.
- Servizos socioculturais e á comunidade: 140 prazas.
- Transporte e mantemento de vehículos: 960 prazas.
Calquera información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada.
A información referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 4 do venres 8 de xaneiro de 2016.
O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.